




LDORM
LDORM
LDORM
LDORM
LDORM
Érase unha vez un edificio do 1800, que foi unha casa íntimamente relacionado con Tomás Batuecas, – o primeiro catedrático de Química Física en Santiago de Compostela – que agora volve á vida…
No corazón do casco histórico de Santiago de Compostela, a poucos pasos do Campus Norte e de moitos dos lugares imprescindibles para calquera estudante da cidade, atópase esta casa totalmente restaurada que ofrece unha experiencia de vida única para estudantes.
A experiencia perfecta, combinando a comodidade de sentirse na casa coas vantaxes dunha residencia estudantil de espírito internacional.
Unha oferta clara e sinxela de servizos de acceso igualitario para as exclusivas 14 prazas desta residencia.
SERVIZOS
Un novo concepto de residencia: Un segundo fogar…
Como antigamente, cando os aloxamentos estudantís se convertían nun segundo fogar e os seus anfitrións nunha segunda familia, este é o espírito que inspira a experiencia en LDORM.
Sen limitar a liberdade nin as experiencias inesquecibles que estes anos aportan (que incluso fomentamos mediante as nosas actividades), promovemos —a través da atención personalizada e o proceso de selección— un ambiente respectuoso e tranquilo, así como o benestar e desenvolvemento integral dos “nosos” estudantes.
Servizos incluídos coa túa estancia durante o curso académico en LDORM
LDORM, A casa
14 prazas distribuídas en 4 habitacións dobres e 6 habitacións individuais.
3 zonas de lectura, cociña e sala polivalente con acceso ao xardín.
















